// estás leyendo...

Comunicación

‘Voyeurismo’ e exhibición nas redes sociais: a democratización do sexo

As redes sociais veñen satisfacer os morbosos desexos do voyeur pasivo e do exhibicionista inquedo que todos levamos dentro. ‘Pasivo’ pola nova categoría que a ferramenta social media (SM) lle imprime á actividade voyeurista: xa non hai que investigar, non hai que preguntar. O cotilla nin sequera se esforza xa polo seu obxectivo: agarda pasivamente a que a información lle chegue, e cambia o seu papel de inquisidor polo de filtro. Ten, nas redes sociais, o maior ficheiro de vidas privadas, a meirande vitrina de intimidades coas grandes facilidades de acceso e inmediatez que novos medios  ofrecen e troca o seu papel de ‘confidente’ polo de ‘amigo’. Virtual, enténdese.

As novas formas de comunicación socio-dixital democratizan os accesos temáticos e sitúan o sexo, a erótica caseira e o porno ao mesmo nivel doutros intereses menos agochados, véxase música, medio ambiente ou política. Arríncanos da gaiola construída a base de prexuizos, censura socio-familiar e olladas suxas e sitúao no mesmo escaparate que comparten cine, sanidade ou novas tecnoloxías. Xa non se gardan as revistas baixo o colchón; xa non se accede ás agochadas ás seccións escuras do video club; xa non se descifra a codificada película do Plus. O usuario troca tamén de papel: de voyeur a exhibicionista que enche o escaparate dixital de erotismo autoproducido. Hai algo semellante a unha retroactividade multimedia pola que o sexo entra nos fogares da man dos consumidores e por estes mesmos sae reciclado en autofotos e cintas de porno caseiro.

PornoMD

O sexo está on line, consúmese na rede e esparéxese por bitácoras, video-canais e social networking como a escuma. De feito, as redes sociais porno xa figuran entre as páxinas máis visitadas do mundo e están cambiando a industria do porno tradicional, que mesmo se acomoda aos novos medios. Actores e actrices do sexo publicitan os seus talentos e virtudes a través de websites de contido explícito. Son un ben de consumo máis e, como tal, teñen o seu espazo reservado. O sexo –lexítimo, enténdese-, por presencia ou por ausencia, é unha parte indiscutible da vida. E espilo de tabúes unha tarefa necesaria que as novas formas de comunicación socio-dixital facilitan de forma especial.

Autora: Nela Bernal (A fervenza do sur)

2 comments on “‘Voyeurismo’ e exhibición nas redes sociais: a democratización do sexo

  1. Pingback: ‘Voyeurismo’ e exhibición nas redes sociais « a fervenza do sur

  2. O bloque terceiro versou sobre as novas formas de comunicar, cunha mocidade atrapada na rede e cun xornalismo marcado polo que se ven a chamar “Cidadan

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

8.754 Spam Comments Blocked so far by Spam Free Wordpress

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

ePocketGuide
Lectores libros electrónicos

My Pinterest …

  • Louise Bourgeois - S
  • Windmill at Montmart
  • a
  • 1975 - The Atom | Ro
  • Warhol - White Car C
Follow Me on Pinterest